Por unha vez tentaremos nista non redacción sintonizar o televisor a tempo para ver un partido da puta selección española , por suposto apoiaremos a morte ós campións de asia que de xeito sorpresivo acadaron o título en plena guerra contra as fortas internacionais capitaneadas polos USA . O Iraque está en Sudáfrica nise adefesio monetario chamado Copa Confederacións e chega dirixido por un auténtico mito vivinte para para todos os que formamos ista larada mandrílika. Milutinovic , o adestrador servio experto en situcións extremas chega ate iste banquiño Irakí despois dunha espectacular andaina digna dun mestre das situacións límite, Costa Rica, USA, México , Nixéria, China , Honduras, Arabia Saudita, China e agora o Iraque son as súa credenciais coma adestrador de seleccións nacionais, naide pensou en mandar tomar polo cú a Arsenio Iglesias e Fernándo Vázquez e chamar a Milutinovic para dirixir unha selecicon galega actual sen xogadores que untar , sen país ó que representar e nen sequera campo no que xogar .....Boran os xogadores do Dynamo de Grozni , o Spartak Randeeira e os do Steaua Traveseiro agardamos a túa chamada para defendermos a patria botándonos ó monte e ó campo de xogo!!