Freitag, Juni 05, 2009

XA ESTÁ NA "CAI" O ESPECTACULAR "ORBAYU D´ALFILERES" DE CARLOS SUARI !!

Para as dúcias de ouvintes de Ouveos na Noite non será sorpresa que nistes regos escritos chimpemos de emoción ó anunciar que xa está na rúa o espectacular novo poemario do irmán Carlos Suari. Editado por Suburbia editora "orbayu d´afileres" xa foi apresentado en Uvieu e dende akí berramos por unha futura presentación na Galiza que puidera ser o primeiro paso para unha edición de orbayu en galego. Sexa como sexa para calquera de vós que tendes os ollos chantados nistes regos escritos se ides cruzar a ponte dos Santos non deixedes de esixir en calquera kioske de asturies ista auténtica xoia dun autor radicalmente contemporaneo . De momento é posible que Carlos sexa un dos integrantes do comando astur disposto a loitar polo año negro da LNB, unha mostra máis do compromiso diste maxistral poeta por chantarlle estacas e alfiles no corazón ó imperialimo.

e nun intre no que toda a tribu sonora galega comeza a afiar tamén alfileres , xa está na rúa distribuido polos irmáns do Novas da Galiza o C.D recopilatorio de grupos galegos, que no contexto actual acada un valor aínda maior xa que coma o título da canción que ZIMMER103 aporta a Vozes Novas , niste puto país ....keda moito que sachar!!