

Por fin se cumpríu o dito , o recén formado
Dynamo de Grozni fixo por primeira vez na história bo o dito de vencer sen baixarse da carrinha, mais ben sen sequera subirse a ela, xa que o equipo desafiado de Chuza nada máis enteirarse que a plantilla do Dynamo ía estar reforzada única e exclusivamente poa canteira das categorías inferiores da Dynamo , é dicer , pola plantilla do
Dymano de Grozni Anano , entroulles ise telele dos equipos grandes que mistura grima , noxo e medo que os tirou cara a trás, para entendernos, algo así como lle pasou ó programa da
Televisión Galega que conduce Belén Regueira que nun xiro cara ó sempre noxento politicamente correcto trocou o nome para pasar a chamarse
O País dos Pequenos, ante qué tipo de presión se achantarían os directivos da galega?
ó colectivo de galegos e galegas que por desgraza sufren a acondroplaxia ou ós que nomeaba Celso Emilio no seu viaxe ó pais dos ananos instalados de novo na cadeira do poder?. Equipos e Medios pequenos , grandes coraxes!!