Mittwoch, Mai 06, 2009

DO GLAMOUR PATRIÓTICO DO MESTRE MATEO A UN SÓRDIDO CLUBE ESCOCÉS!!


Rachamos a unanimidade do blogomillo que idolatra as verbas de Belén Regueira pinchando iste extremecedor video da mega estrela británica Susan Boyle rescatada dunha vella cinta WHS durante unha actuación nun clube social escocés donde ía de suplente . En muchada Nui realizaron nista 3º tempada unha pequena pero espectacular serie protagonizada por unha cinta WHS , un trevello desprazado na actualidade que se relacionaba nos bares con seres da súa calaña, cargadores vellos dos móbiles, walkmans.... xoias de épocas pasadas que esconden tesouros necesarios e imprescindíbeis para entender o presente. Gerry McGuiness tivo a sorte de grabar a Susan Boyle no 84 e a destreza de manter a gravación ate os noso días , algo moi parecido ó acontecido fai uns días cando dende ista non redacción destapamos no Aberto por Reformas o diamente en bruto titulado "stormy weather" do Cuco de Velle. É moi fácil como estamos vendo nos blogs pedirlle o matrimonio a Belén despois de sentila e vela falar explendorosa nos Mestre Mateo, pero faceriades o mesmo 25 anos antes cando Susan baixou do escenario?