Normalmente dende istes regos escritos pedimos e apoiamos firmemento o fusilamento como medio máis rápìdo e sinxelo de conseguir un mundo mellor e libre de seres miserables, pero hoxe imos facer o contrario para tentar aferrar á vida a un auténtico porco galego, é un feito que non podemos quedar de brazos cruzados fronte ó inminente linchamento de Quinín, o cocho de Dumbría que se cre un can e que o seu dono, Antonio Caramés , xa ten o coitelo afiado para rematar coa súa vida polo San Martiño. Dende ista non redacción pedimos a amnistía para Quinin e podímoslle a Antonio que reflexione antes de facer ista atrocidade , que pense nises paseos e vasos que tomaron xuntos nas tascas de Dumbría, e falamos con coñecemento de causa xa que nos polas noites aínda sentimos as fozoadas do Ionqui , Antonio se queres facer canibalismo mata a un veciño e cómeo......pero se queres estar en paz contigo mesmo amnistía a Quinin. Aínda estamos a tempo , envía a túa petición de amnistía ó buzón de esgarros de ZIMMER103 e se Antonio non reflexiona polo menos ....que teña unha lista para invitarnos ós callos!!