Donnerstag, Oktober 02, 2008

NÖMADAK TX: A VIAXE DOS TXALAPARTARIS NÓMADES!!

Os fanáticos do WHS seguimos atentos ás luces da pantalla da madrugada, e unha disas luces levaba o atractivo nome de NÖMADAK TX, simplemente unha das mellores cazas do vello morcego electrico , simplemente espectacular o docu-film emitido de madrugadfa pola dúas , dirixido por Raul de la Fuente Nomadak tx, conta a viaxe de dous txalapartaris bascos pola india, laponia, o sáhara e mongolia para misturar o son das súas chalapartas coas gorxas e instrumentos das tribus aborixes.Na década dos 70 só dúas parellas en Euskal Herria tocaban iste poderoso e ancestral instrumento , hoxe a txalaparta é un dos símbolos da sonoridade euskaduna de seu e OREKA TX , protagonistas dista reportaxe , quizais a parella de máis repercusión internacional. Txalapartas de xeo que resoan no deserto para espertar o bereber que levo dentro, e aquí sufrindo o puto alalá e caralladas similares!!