Montag, Dezember 04, 2006
IONQUI VIVE NO TEU MÓBIL!!
Só uns poucos afortunados , oíntes dise terremoto sonoro en forma de podcast chamado OUVEOS NA NOITE puideron saborear a exquisita proba dos chourizos do xa mítico cocho Ionqui, pero non todo está perdido, nunha experiencia sen precedentes unha unidade móbil dos estudios Grozni desprazouse ate o campo de matanza para gravar os derradeiros berros do porco máis famoso da globosfera que ti agora podes ter no teu teléfono móbil. Nun intre no que series , como a dos supervillanos obtiveron 200.000 descargas nos celulares dos seus 50 capítulos, cando realitis coma o recentementre estreado que ten coma protagonista a vida segundo a segundo de Melendi ou a emisión dun concerto de Amaral exclusivo para operadores de orange está a revolucionar o xeito da distribución dos diferentes formatos audiovisuais. Zimmer103 representa a aposta galega ante iste novo reto da denominada 4º pantalla, e por elo lanza a toda a comunidade internacional de mandrís adoecidos a oportunidade e o desafío para que ionqui viva nos vosos móbiles , xa que nunha experiencia piloto imos distribuír a todos aqueles que o desexedes escribindo nun correo a ista non redacción co voso número de móbil o espectacular berro do cocho co cuitelo na gorxa, zimmer103 dá o primeiro paso para a conquista dun novo espacio multidisciplinar , tonos , politonos e semitonos contra unha B.S.O establecida tamén no teu móbil!!