Dienstag, Januar 29, 2008

ANTE A PATASMA DA ILEGALIZACIÓN , O PzTG APRESENTA O SEU CARTAZ ANTIELECTORAL!!


Absolutamente conmocionados na nosa non redacción polas numerosoas reaccións de apoio ante a irrupción do poderoso cheiro contraelecctoral saído das células do PzTG , dende Ankara chegaron documentos explosivos remitidos dende o corpo diplomático dun estado europeo para proporcionar asilo político ante a posivilidade inminente da ilegalización do Partido Zulú das Terras Galegas. Mentras , dende Barna nos chegan carros blindados de esterco para apoiar á artillería purinesca camuflada nos nosos frascos que xa invaden as perfumerías do pais enteiro e ós estudios Grozni chega, para combatir a infame propaganda electoral un desconcertado corvo verde remitido dende Compostela alertando da posíebel realización en vindeiras datas dun de seguro explosivo cumio podcasteiro donde é posíbel que reapareza públicamente o lider cubano Fidel Castro. Fidel precisamente foi o primeiro en subirse á randeeira e dar uns randeeirazos de emoción ó contemplar con bágoas nos ollos o novo cartaz antielectoral do PzTG que hoxe presentamos en exclusiva mundial á micro-comunidade de mandrís adoecidos que habitamos nistes regos escritos . Lanzas , purín e esterco, pásao.....porque iste 9 de marzo hai que botarse a eles!!