Era inevitábel iste post.... foron milleiros os mails que inundaron a nosa non redacción preguntando , incluso moitos deles tentando afiliarse ó PzTG e interesándose por ser interventores para apoiar a compaña electoral con vistas a invadir o noxento parlamento español coa carraxe zulú que caracteriza a ista deformación política galega de seu e que nos alonxa das posturas máis miserables do rexionalismo galego transportados ate a metrópole en voos de primeira clase para instalarse nos seus cómodos butacóns dormir as cheas nas luxoas suits dos mais caros hoteis da capital española. O Partido Zulú das Terras Galegas non ten máis que condear e lamanter istas conductas e comunicar ó seu fiel electorado que non imos ser partícipes disa farsa, o PzTG non ten nada que ir pintar a Madrid, nen os nosos electores teñen por qué perder o tempo carrexándonos ate as cortes para enchernos , vomitar nos corredores e drogarnos nos w.c , todo iso podémolo facer na Galiza!!
Pero o PzTG non quere deixar orfos ós seus seguidores aínda que sexa nun ridículo proceso electoral coma o do 9 de marzo, por iso e á par da desconcertante estratexia olfativa dos socialistas cataláns o PzTG quere presentar tamén un perfume propio e contundente capaz de resumir o noso xeito de enterder a política. Se os valores dos socialistas catalans eran a confianza, igualdade, progreso e eficacia , o PzTG contataca iste insoportable cheiro españolista cunha explosiva contra-fragancia extraparlamentar eleborada a partir dos mexos que flúen das cortes e dos líquidos que escorren dun montón de esterco , é dicer unha poderosa e exclusiva fragancia do purín máis puro que misturado cos excrementos sólidos e líquidos do gando diluidas en agua , resume perfectamente o xeito de enter o ideario político dista formación ultranacionalista galega. Non o olvides para istas eleccións estercar as túas ideas coa poderosa fragancia do perfume do PzTG.... porque o Partido zulú das Terras Galegas quere que tamén cheiremos coma galegos!!