Pero cando un galego recorre á feixista xustiza española ista sempre nos dá polo cu, iste é o caso da veciña de Lourenzá , Anxelina López Feo , que víu como o tribunal superior de xustiza da Galiza desestimaba o seu recurso solicitado por vía xudicial para que excluíse da concentración parcelaria un camiño que lle dába acceso a un esterqueiro co que chegaba facilmente no seu tractor evitando ter que saír co vehículo cargado por unha perigosa pendente. Sen embargo o tribubunal fixo ouvidos xordos a iste exautivo informe e dálle vía aberta a unha debastadosra concentración parcelaria que nos deixa sen estrada nen saída os estercoleiros. Dende Barna , supervivente nun zulo ó abafante deserto australiano, Coreano Carnívore avísanos que ten gardados nunha caixa forte pedazos dise prezado esterco disposto a ser distribuido como xoia de coleccionista . Esterco de Lourenzá ...... o símbolo da resistencia contra o holocausto no agro galego !!
Donnerstag, Januar 31, 2008
DENDE LOURENZÁ CARROS DE ESTERCO CONTRA A XUSTIZA ESPAÑOLA!!
É un feito galopante intromisión xudicial no ámbito normal das nosas vidas, se anunciábamos nistes mesmos regos escritos fai uns días a malleira dun munipa a un coñecido actor ribadense que naturalmenbte denunciou a agresión e pola cal se celebrou un xuizo á que o agresor non tivo collóns a asistir , temos que seguir coa toga ás costas para denunciar a persecución sistemática que están a sufrir os video-mergulladores acuáticos por parte das forzas de represión españolas que en augas galegas impiden a istes neo-coustos galegos gravar as evolucións do tolete ou golfiño coñecido popularmete coma Gaspar varado no peirao de Ribadeo, acción pola cal foron tamén denuciados e requeridos a pasar polos xulgados.