Freitag, Juli 06, 2007

A TOP MODEL EN KATIUSCAS INVADADE AS TENDAS DE ROUPA DA MAN DOS CARAMUXO!!

Zocas e katiuscas invaden xuntas as paserelas de toxo e lama , se por unha banda as zocas do lugués Manuel Bolaño desprazaban ós tacóns de agulla na pasarela barcelonesa do Break&Butter nas tendas de roupa do país e da man dos caramuxo unha nova sonoridade vai invadir os seus exclusivos deseños xa que con cada camisola que merquedes seredes agasallados cun CD que contén 21 temas en galego de bandas emerxentes moitos deles exclusivos. ZIMMER103 absolutamente fan distes xastres dixitais vestíu para a ocasión a camisola de "es máis do monte ca un land rover" para crear a desconcertante imaxe da Top Model en Katiuscas, unha apaixoada homenaxe a isas auténticas modelos do país que cruzan a estrada vestindo coma nadie as katiscas verdes por riba dun axustado pantalón de chándal , beben casera la Pitusa en lugar de coca-cola light e que conducen o trator co orgullo dunha actriz en limusina, Pasarelas de Toxo e Lama é o single co que ZIMMER103 apoia ista desbordante proposta que tres caramuxos apresentaron en exclusiva no aberto por reformas da RG elexindo iste single construido nos estudio Grozni coma unha das puntas de lanza diste primeiro proxecto sonoro-textil galego da historia. A Top Model en Katiuscas agarda por ti nos probadores da tenda, non lle faigas agardar !!