Donnerstag, Juli 12, 2007

Coma moitos máis seres humanos Millar non estaba disposto a seguir as dictaduras do gran pelotón e optou por demarrar e consolidou a súa fuxida no asfalto da vida cun desexado troco de sexo , coroando así o porto máis grande antes nunca coroado , unha enorme subida de categoría especial chamado Tourmalet da incomprensión. Philippa iniciou fai uns anos a súa gran contrareloxo e trocou as rodas lenticulares polos tacóns de agulla escandilizando ó máis rancio do pelotón mundial que nen se inmutara co mítico esgarro de Fignon. Filippa York , ó igual que a nosa Top Model en Katiuscas esquiva os flashes dos paparazzi con pedaleos fuxitivos entre as casas dos veciños - todos sabemos que Philippa foi un home , pero somos educados e non lle pedimos explicación sobre o seu pasado. Philippa mantén con orgullo o seu maiot de lider na máis dura das etapas nunca antes iniciada.