Donnerstag, Juli 12, 2007
PHILIPPA YORK ESCALA O GRAN TOURMALET DA INCOMPRENSIÓN.....
Sabiamos nista non redacción que a publicación dun novo estalo de electro-folk alieníxena criado e producido nos estudio Grozni ía provocar insospeitadas consecuencias, moitos sabiamos que a furia desbocada dunha cadela asilvestrada que atacou ó galiñeiro próximo a ista non readacción segandolle a vida de tres enormes pitos criados unicamente con pedras e millo e silenciado de xeito vexatorio pola galega , era un inequívoco sinal de que a Top Model en Katiuscas comezaba a contaminar o ambiente. Pero nunca puidemos pensar que isa terrible contaminación chegara a afectar á serpe multicor do Tour de Francia. Londres foi a cidade que na que por primeira vez se iniciaba a máis importante competición ciclista do mundo, e foi alí donde saltou a nova sobre o mítico ciclista escoces dos anos 80 Robert Millar . Iste poderoso escalador que protagonizou escalofriantes duelos con Perico Delgado e Álvaro Pino durante varias Voltas rachou moldes fai anos sendo o primeiro ciclista vexetariano e con pendiente do pelotón , cousa que escanlizou xa daquela ós esforzados da ruta que o tacharon de afeminado, pero unha vez retirado da competición Millar desapareceu da escena pública e no 2003 comezou a circular o rumor , hoxe confirmado , de que Robert residía en Dorset baixo a identidade de Philippa York , en compaña da súa noiva Linda Purr.