Dienstag, Juli 17, 2007
HIPOTECAS E BANCOS DE ESTERCO
Se fai uns días comentabamos a praga de atracos e de suicidios propiciados pola acción das entidades bancarias hoxe temos que constatar e condear de xeito radical o empeño que iste goberno da xunta ten por tratar de hipotecarnos de xeito masivo. Se nun primeio intre dende a consellería de medio rural se insitía e insiste na creación do denominado banco de terras según eles para loitar contra o abandono das explotacións agrarias dende o goberno nacional, apoiado por proxectos piloto en concellos coma Allaríz , Foz e Vigo ven de porse en marcha o desconcertante proxecto do Banco de Tempo, co que en teoría se tenta de promover o intercambio de tarefas entre individuos dunha mesma comunidade, dende ista non redacción chamamos á rebelión total.....a xunta quere ademáis de hipotecarnos as leiras que non traballamos hipotecarnos o tempo que temos ceibe, okupación institucional e indixencia cidadá é o que nos queda a aqueles galegos e galegas que nos críamos donos do noso tempo , a nosa rebelión brutal virá da man da creación dos bancos de esterco para inundar de vida as cortes distes porcos que se cren os donos do noso destino, déitate e loita , bancos de esterco contra as hipotecas do terra e tempo!!