Freitag, Juli 20, 2007

MANIOBRAS DE ESCAPISMO!!

Esgotados xa os abonos para o FIB e únicamente podendo conseguir entradas de día os fibers desfeitos polos nervios agudizan os xeitos de chegar ó paraíso fronte ó palco verde, rapaz de 1,80 aproximadamente sen barba e vestindo camisa marrón e gorra negra abandoa ás presas antes dun control policial un taxi na saída de Castellón deixando dentro do mesmo unha bolsa con fiambreiras que conteñen cables e detonardores, ate tal punto chega o desconcerto e a desquiciada acción policial que iste rapaz foi confundido cun presunto terrorista de ETA cando é evidente que é un fiber tentando chegar como sexa para ver á iguana que tocaba isa mesma noite de xoves. A istas horas un descomunal operaticvo policial peitea a zona donde se producíu a desconcertante maniobra de escampismo diste fiber en apuros, só o grandísimo tema que dá título ó derradeiro disco dos barcelones Love of Lesvian pode ilustrar ista desgraciada persecución a iste PASSENGER coas fiambreiras listas para explotar!!