Montag, Juli 23, 2007

O CONCELLO DE AVILÉS PROHIBE Á COMUNIDADE GALEGA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA PATRIA!!

Ate ista non redacción chegan confusas informacións dende o país veciño chamado Asturies, se por un lado brincamos de emoción pola publicación do primeiro single do tan agardado proxecto pilotado por Xune Elipe, o lider de Dixebra que baixo a pel de Soncai System inicia un moi interesante percorrido paralelo escanciando loops xamanicanos , por outra banda dende ista non redacción non podemos máis que condear de xeito firme a actitude feixista do concello de Avilés que ven de prohibir que os membros do Lar Galego , refuxio da comunidade galega nisa cidade , celebren o día da patria galega ó ar libre quedando acotada por imperativo legal a nunha mísera celebración a porta pechada como se os galegos fosemos auténticos apestados, iste domindo La Nueva España ante o estupor de membros dista non redacción publicaba ista espeluznante nova que debería de ser respostada con carater urxente e contundente polo goberno galego para que as autoridades asturianas retifiquen de xeito inmediato as súa decisión ou senón iniciar os trámites para un inminente contencioso armado.......