Mittwoch, Juli 04, 2007

OS XUROS DA FURIA........

Horas de calma tensa nos bancos da Coruña e Vigo que foron escenario coma as rúas do Iemen de sendas embestidas de furia, por unha banda nunha sucursal do Burgo dous convictos de permiso penitenciario perpetraban un desafortunado atraco a man armada a unha entidade bancaria que se saldou con varios feridos de gravidade polos tiros de ambos partes. Pero se na Coruña foi o vicio o protagonista en Vigo a deseperación por un suposto e de seguro inxusto embargo embargo viaxou en furgoneta dende San Tomé a te Policarpo Sanz para adentrarse pola porta dos servicios centrais nas oficinas do director do Banco de Galicia e despois dunha bronca rematar pegándose un tiro cunha escopeta de caza que sorprendentemente meteu camuflada nun saco. Manolo aparcou mal a furgoneta fronte ó banco e de seguro que foi multado, iso a isa hora da mañá seguro que era o que menos lle importaba , o peor de todo é que non te vou poder saudar máis ó aparcar xunta a miña casa cando viñas comer ó Castro os días do Conde Santo ...... o meu máis sentido pésame para toda a famila.