Montag, Juli 02, 2007
TERRORISTAS DE ESTADO CONTRATADOS POLA XUNTA NOS MONTES GALEGOS....
Mentras que a comunidade internacional treme ante os incertos incidentes acontecidos en Londres e Glasgow durante ista fin de semana , na Galiza o goberno galego con total impunidade anuncia que o exercito español vai facer xunto con supostos centos de miles de voluntarios , tamén coñecidos coma lacaios gubernamentais tarefas de vixiancia nos montes para a prevención na campaña dos tan temidos lumes de verán. Non sabemos se se limitarán ó lume nos ramallos e nos toxos ou se por imperativo legal a consellería do chamuscado Suárez Canal emitirá unha normativa para limitar a temperatura corporal dos galegos e galegas que iste verán se derretan nas praias. Alviscados os primeiros exemplares de pez can nas costas do país polo suposto quencemento climáticos , dende ista non redacción queremos por en coñecemento da micro-comunidade de mandrís adoecidos que se achegan a istas leiras, que os axentes do exercito español contratados pola xunta son en realidade terroristas de estado que pululan polos nosos montes con total impunidade ceibando estratexicamente pequenas comunidades de teipas para nun reducido espacio de tempo infectar todo o noso país distes terribles roedores que aniquilan as colleitas e infectan a auga. As primeiras comunas de teipas mutantes xa foron alviscadas nos montes galegos polo que todo o que se diga é pouco para extremar as precaucións ante iste ataque con armas biolóxicas do exercito español á populación galega. Agardemos que a praga de teipas mutantes sexa detida antes do 21 de xullo cando a Praza da Quintana se convirta no punto máis quente da xeografía galega pola irrupción de novo en directo do grande Projecto Mourente acompañado polos seus inseparábeis The Homens nun de seguro descomunal directo que vai facer tremer ás monxas ácidas e ós curas psicodélicos que se acheguen á celebración do colectivo gai, lésbico e transexual de Compostela , teipas mutantes baixo a pista de baile!!