Dienstag, Februar 13, 2007
A voz que soa en Secostro Express é a de Juan, un auténtico Che Guevara das Encorbas que no canto de gorra de lado , enfundado na súa xa característica roupa deportiva e de xeito espontáneo tivo que liderar ista revolta dos veciños da Lousa que se enfrontan unha vez máis á toda poderosa maquinaria das multinacionais imperialistas. A Lousa é unha pequena aldea pegada á central térmica de Fenosa que están a sufrir de xeito brutal a acción dunha impresionate chimenea que teñen situada a escasos metros das casas tinguindo de polvillo mouro de carbón a vida distes habitantes da Lousa que xa non aguantan máis , foi entón cando Juan converteu o salón da casa dos seus país que é donde vive, en improvisado zulo para secostrar a tres camioneiros da central térmica para tentar presionar diste contundente xeito ós responsábeis da térmica a negociar un urxente arranxo da súa traumática situación. Por primeira vez unhos veciños galegos elixen o Secostro Express coma xeito de presión e segundo Juan os tres camioneiros invadidos polo síndrome de stocolmo amosáronse en todo momento comprensivos e incluso receptivos coas reivindicación dos veciños da Lousa. O berro de A terra é nosa e non de Fenosa volta apercorrer coma un lóstrego as terras das Encrobas , e ZIMMER103 quere apoiar de xeito total e contundente a Juán e a todos os seus veciños para que , segundo sabemos nista non redacción , a consellería de medio ambiente interceda o máis rápido posíbel entre a empresa e os afectados e se isto non se amaña , caña e secostros express. Nistes intres todos nista non redacción somos habitantes da Lousa, só queremos vivir ben , sen carbón, non pedimos cartos como se di por ahí , nen secadoras nin lavadoras..... para eso xa temos nós!! [ ZIMMER103 CON JUÁN E OS VECIÑOS DA LOUSA]