Dienstag, Februar 13, 2007

JUÁN , O NOVO LIDER DAS ENCROBAS!!

Coincidindo co 30 aniversario do conflicto das Encorbas, vai estrearse un documental dirixido polo polifacético Bocixa, cantante dos Zenzar, que como manda a tradición rockeira, despois de tomar algo nun bar decidíu coller a cámara ás costas e farto de sentir como de divaga sobre un conflicto que el vivíu tan de preto cando era cativo , coller e contar de primeira man e coa maior fidelidade ós feitos posíbel como foi a revolta nas terras das Encrobas para frear a destrucción de centos de casas pola instalación da central térmica de Meirama. Todos os que istes días se deron unha volta polo myspace de ZIMMER103 atoparíanse coa sorpresa dunha sonoridade estrana que acompaña ó coñecido single a poxa , isa sonoridade leva o título de Secostro Express e ven a constatar que o conflicto das Encorbas que criamos enterrado fai xa 30 anos continúa hoxe absolutamente vivo e latexante.