Donnerstag, Februar 15, 2007

O CAIUCO DOS OUVEOS CHEGA ÁS ILLAS CANARIAS!!

O caiuco estartelado de Ouveos na Noite despois dunha intensa travesía polo ar aterra nas Illas Canarias e faino desembarcando todo o seu desconcertante poder no referencial podcast confusión, concretamente no seu programa 68. Fran J Saavedra , un dos máis importantes podcasters do estado , xa que ademais de conducir o referencial Confusión no que xunto ó mellor acid Jazz as seccións de mitoloxía, técnoxía e a espectacular de novas tolas, Fran é un dos mentores das populares e internacionais tertulias podcasteras. Avisamos tamén, que nos estudios Grozni , depois do impresionate impacto do último podcast Ouveos na Randeeira , prepáranse xa as baterías antiaereas para a producción dun novo e espectacular ouveo de consecuencias absolutamente imprevisíbeis. Alianza internacional de podcasters contra as dictaduras dos dial!!