Donnerstag, Februar 08, 2007

UNHA CANCIÓN UNHA NACIÓN!!

As pasadas declaracións do ex cantante dos Smiths postulándose coma cadidato para representar a Inglaterra no vindeiro festival de Eurovisión fixeron saltar polo ar os anquilosados prexuicios do sector alternativo ante iste festival europeo . Pasados uns días dista nova outro grande da escena brinática saltou ós medios de comunicación propóndose el coma candidato, Jarvis Cocker aínda co seu disco de debú quente entre as mans non puido conter o impulso de competir ante Morrisey nista espectacular carreira cara ó escenario luminoso de Helsinki . O ex lider de Pulp xa amosou credenciais nunha pasada edición dos premios da música inglesa cando baixou os pantalóns diante de Michael Jackson cando iste recollía un dos premio e ensinoulle o cú e el e ó público estando Jarvis cheo completamente. De tódolos xeitos a actual residencia Parisina do exPulp podería favorecer que nunha estrana carambola iste puidera representar a Francia , cousa que non estaría tampouco de todo mal, sempre e cando non foran os Bérurier Noir quen quixeran participar.