Donnerstag, Februar 08, 2007
Pero toda ista onda retro-eurovisiva acaba de invadir o estado español e xa existe unha plataforma organizada que quere que Nacho Vegas represente a españa nista edición do festival, serxe ista iniciativa para apoiar a opción do Xixonés e combater a candidatura da española-danesa Cristina Rosenvinge , nunha poxa na que nós , como é evidente , non entramos, o que si que queremos é iniciar dende istes regos escritos a campaña UNHA CANCIÓN UNHA NACIÓN, con ista campaña de sensivilización patriótico musical queremos saber cales son os nosos aliados exteriores para a futura república socialista galega polo que ise será un dos grandes alicientes para o grupo ou interprete que teña o honor de representarnos en Eurovisión. Projecto Mourente e The Homens son os nosos candidatos pero unha cousa si ten que quedar clara , ZIMMER103 postúlase dende iste intre como representante galego para o vindeiro festival da OTI, e de feito xa está a traballar no tema que vai levar a Chile , Nubes de Amor. Unha canción unha nación!!