Freitag, Januar 19, 2007

BLAXPOTATION GALIZA 2007!!

O presidente etíope durante os periodos 1974-91 Mengistu Haile Mariam , foi sentenciado istes días a cadea perpetua por un tribunal dise pais africano por xenocidio e outras pequenas atrocidades cometidas durante o seu mandato militar acadado despois dun sanguento golpe militar contra o emperador Haile Selassie , Coñecido coma o terror vemello , iste Stalin preto liderou o partido dos traballadores etíopes socializando a machas forzosas un país sumido na máis absoluta das miserias e defendendo iso si a integridade etíope das numerosas incursións armadas dos veciños Somalís e Eritreos, depois do derrube da URSS Meles Zenawi, o actual presidente etíope dirixíu as tropas rebeldes para facerse co poder e mandar ó exilio en Zimbabue ó camarada Miriam. Así as cousas en nun ano tan especial coma iste para todos nós no que estamos a celebrar o 75 cumpreanos de Abebe bikila zimmer103 está a estudar a posibilidade de nomear presidente de honra da nosa non redacción ó Terror Vermello para que dende a cadea dirixa a ista por veces desiorientada tribu de mandrís adoecidos. É un feito que na blogosfera galega fai falla moita man dura e dende logo , o terror vermello xunto co liderato indicutíbel dise ser alieníxena sentado na randeeira na lista de blogs en linguas minoritaria de 20minutos pode ser o auténtico revulsivo. Zimmer103 como membro do comité central no exilio do PTE (r) agradece a colaboración do politburo CCCP e reclama costilletas para o noso presidente de honra engaiolado e votos para o alieníxena na randeeira, Shaft estaría orgulloso!!