Dienstag, Januar 23, 2007

DE LOOK HAWAIIANO A LOOK ESQUIMAL!!

Con ista espectacular metáfora resumía unha señora galega ante as cámaras de tele-5 a invernada que por fin ista semana está a cubir de branco as nosas rúas e carreiros. Pero que sabemos de hawai para que ista galega citara iste arquipélago como seu referente climático. Anteriormente conecida coma Illas Sándwich iste territorio pertencente ós U.S.A ten un clima atípico para un enclave en zona tropical. Polo que se soe considerar como pusuidor dun clina subtropical con temperturas máximas no verán que non superan os 33 graos e en inverno non baixan polo xdos 18º . Estaría pensando ista señora en algún episodio de Magnun cando fixo isas sorprendentes declaracións? vivirán aínda Zeus e Apolo, dende logo de seguro que no corazón de moitos galegos e galegas aínda seguen a ladrar..... Pero se temos que falar de cambio de look , tempos que dirixir a olada cara ise referente da música electrónica galega e mundial chamado e-music, o progama que se emite pola Cuac-FM da man de Anxo fixo un novo deseño para o seu igloo dixital no que dende dentro ise pastor de renos chamado Sak dirixe de xeito maxistral o seu cada vez maior rabaño , e por se fora pouco , Sak ademáis dun espectacular lavado facial ó seu igloo realiza un lifting formal xa que retorna e-musis á solidez inicial de 1 hora de duración. E-music celebrou a entrada no 2007 situándo o seu igloo no centroOn da Coruña , entra e descubre toda a fauna ártica que habita niste hawaii imposíbel......