Mittwoch, Januar 17, 2007

BURKINI vs NATURAL-BURKA!!

Zimmer103 xa demostrou sobradamente a súa querencia pola moda máis radical e contemporánea polo que non pode ficar á marxe da máis radiante actualidade niste cada vez máis sorprendente sector. Ven de presentarse istes días en Australia o denominado Burkini , unha prenda pensada como traxe de baño para as mulleres musulmanas. O burkini cubre todo o corpo excepto os pes , as mans e a cara polo que se pode dicer que é o mellor antídoto contra os raios solares e incluso se pode afirmar que dota dun glamour extra ás súas portadoras xa que o único elemento co que se pode xogar é o color, sanbemos nista non redacción que o burkini de pel de tigre está a arrasar nas tendas de Sydney. Pero zimmer103 dá como non podía ser doutro xeito e presenta unha nova prenda que vai revolucionar o mundo musulmán que goste das praias nudistas, o natural-burka é unha prenda de exclusiva distribución de zimmer103 e que non se circunscribe unicamente ó mundo islámico, está aberto tamén a ti muller católica, protestante , budista, atea...... que queiras abandoar a xa cansina exposición carnal ós raios do sol e dotar dun espectacular e impactante look a túa figura coa que sorprenderás de xeito total a todos os retronudistas . A división textil de zimmer103 xa ten o seu natual-bruka preparado para invadir as praias iste verán do denominado ano Bikila..... zimmer103 contra o talibanismo opresor das pasarelas establecidas, racha co bikini e o libérate do xugo imperilista vestindo o impactante natual -burka!!