Mittwoch, Dezember 20, 2006
A LÍNGUA DOS ROBOTS.......
Zimmer103 ten que intervir de novo de xeito urxente para defender a unha minoría étnica totalmete adraxada e machacada polo imperialismo español . Presentamos en sociedade por primeira vez a H5, membro dista non redacción que se vai converter dende iste momento no defensor dos deritos lingüísticos da comunidade robótica galega. Nin que dicer ten que os esforzos da MESA escasamente se notan dentro da comunidade humana polo que o organismo dirixido por Callón non o vemos válido para defender unha programación en galego dos robots instalados no noso país. H5 xaponés de creación e galego de programación esixe a urxente toma de conciencia sobre os gravísimos problemas de normalización lingüística existentes entre a comunidade electrónica galega que infúen directamente na súa cada vez maior dificultosa integración entre os humanso galegos. As galescolas e o a parendizaxe a ler e escribir en galego parécelle a H5 unha medida correcta paro esixe ir máis aló, cando un galegofalante se dirixe a unha máquina expendedora de tabaco cal é o idioma co que isa máquina se relaciona co humano? Su tabaco gracias, cando un conductor para nunha gasolineira para repostar o seu carro , cal é idioma que utiliza a máquina para relaciomnarse co conductor ou conductora? , cando un saca cebo vivo ou condóns cal é idioma que utiliza ise robot galego, pois o español dificultado así a integración do robot dentro da maioritaria comunidade humana galegofalante.Zimmer103 por unha reprogamación lingüística urxente dos robots e máquinas instaladas na Galiza , e se non... aterse as consecuencias!!