Donnerstag, Dezember 14, 2006
VÍCTIMAS DUN PARTO ANTINATURAL !!
Moito se fala do dereito de morrer en libertade, pero qué xeitos de presión podemos exercer os que pedimos a berros un xeito digno de nacer. Dende zimmer103 queremos felicitar á lucense Berta Álvarez , unha muller que decidíu ter o seu neno Nadjed na casa, fuxindo dise terrible sometemento ó quirófano para ser nai por medio do procedemento coñecido xa coma parto natural. Chamáronme de todo cando avisei no hospital de que ía dar a luz na casa, istas son as verbas de Berta cando recorda o auténtico inferno ó que tivo que someterse para exercer o dereito natural de ter o seu fillo na casa , son xa moitas as mulleres que expresan o deu desexo de ter un parto máis fisiolóxico o que pasa é que moitas sucumben ante a presión social e o temor a unha posible complicación no desenrolo do mesmo.Zimmer103 quere apoiar á asocicación galega Pro-Parto Natural ( XESTAR ) constituída fai só tres meses coma o primeiro colectivo galego que fomenta a recuperación do protagonismo das nais no parto mediante o alumeamento na casa e non no hostipal xa que o parto é un acontecemento familiar , non unha enfermidade. Dende XESTAR aseguran que tomar ista decisión na Galiza non é fácil , pese a que as matronas están a favor non se arriscan a atender iste tipo de casos mal vistos dentro do retrógado sistema sanitario actual, María Xesús Sánchez , presidenta da Asociación Galega de Matronas afirma que o seu colectivo non ve con malos ollos o parto natural , so bota en falta un apoio do sistema sanitario por mor de comatir correctamente as posibles complicacións. Dende ista non redacción pedimos que os SERGAS tomen as medidas oportunas con carácter urxente para dotar da infraestructura necesaria ó cada vez maior número de mulleres que esixen o dereito de dar a luz na casa. Zimmer103 quere por de manifesto tamén que moitos nados en hostipais estamos a iniciar os trámites para crear a AVdNA (Asociación de Victimas dun Nacemento Antinatual) mediante a cal imos pedir ás institucións sanitarias galegas as correspondentes indemnizacións por ista terríbel débeda histórica que xamáis nos poderá ser reparada.