Freitag, Dezember 22, 2006
ZIMMER103 ATRAPADO EN OUTRA DIMENSIÓN!!
ZIMMER103 invade de novo o espacio aereo asturiano e mundial da man do piloto máis alternativo e maqueteiro da nova compañía de voo chamada RTPA , no seu boing 774 Luis Mayo cada noite a partires das 20 h., hora galega, despega no seu aparato e transládanos a toda a audiencia cara outra dimensión , así se chama o seu espectacular espacio no que tanto podes escoitar unha recapitulación do Niño Gusano ou de Talugah Gosh ou sucumbir de cheo ante os trememedos latigazos da suizas Clinex e de repente sentir a caricia de Linda Draper e incluso sentir a súa voz en directo nunha espectacular entrevista en directo dende Nova York. Pero Luís non é o único piloto que ten ista nova radio pública do pais astur, Xune Elipe, lider dos míticos Dixebra conduce o seu Rockmería baseado en grupos e bandas que utilizan línguas minoritarias cada mércores ás 14 h, insistimos en horario galego. Despega pois e dende zimmer103 desexamos que nun voo duradeiro a nova radio do pais veciño que aínda que non cunha programación totalmante en asturiano si que demostra que o tan desexado camiño cara á oficialidade é un feito xa máis que posíbel. Chegan novas tamén a ista non redacción que o vindeiro ano de seguro que na radio galega música poida haber novidades en canto á presencia na grella de programación de espacios musicais de contido específico e especializado , pero mentras iso non pasa seguiremos coma subsaxarianos á deriva nun caiuco estartelado cruzando a fronteira cara a outra dimensión...