
Dende o norte aínda ileso ouveos na noite non podía estar máis tempo de costas contra o lume, nunha especial edición o podcast producido nos estudios Grozni e emitido na frecuecia de zimmer103 sáese unha vez máis das versións oficiais para tratar o tema da quiema do país con auténtica paixón de faquir , lume pola boca para homenaxear ós xa catro falecidos nista desfeita que converteu a galiza nunha maldita bola de lume sen que nadie ate o de agora asuma responsabilidades nen se aclare un ápice dista suposta trama terrorista medioambiental. Cun lavado de cara especatacular feito polos irmán de proxecto-ds ouveos na noite súmase ó exercito de caldeiros valeliros para combatir sen tregua ós sicarios do mecheiro. En danza entre as cinzas ouveos na noite volta a ser ise frenético furacán incontrolado propio das emisoras árabes da AM que pide a berros vinganza con voz moitas veces entrecortada pola emoción e e crudeza do momento. Danzade malditos danzade, danzade entre as cinzas!!