Donnerstag, August 10, 2006

ACENDENDO CONTRALUMES

O lume arrasa toda a Galiza sen que nen sequera o brazo dereito do goberno galego, é dicer, o exército español poida remediar a desfeita que dende zimmer103 vemos irreparábel en termos humáns , medioambientais e políticos, pero por se fora pouco o lume dos montes outro lume con epicentro na Rúa , niste concello de Ourense iste sábado 12 un auténtico bombeiro do soul chamado Miguel Angel Julián vai achegarse ás terras queimadas da Galiza para tentar acender dende o escenario unha motobomba de loops e tratar de apagar o lume que nistes días a todos máis ca nunca nos arde dentro. O que fora lider dos míticos Cool Jerks e que deixara impresionado a todos os membros dista non redacción co proxecto soul loop attack convértese agora en reincidente do ritmo e mútase coma cabeza visible dos SOULTELLERS. zimmer103 polos contralumes para combater os miserables !!