
O culto ó corpo é dende logo un dos peores males que o capitalismo salvaxe trae consigo, para combatelo zimmer103 xa realizou varios frontes de acción na cruzada que dende ista non redacción denominamos loita contra un menú establecido e que tivo e ten un firme alidado na caixa negra de martin-wu na sua espectacular guía de garitos para xantar na ruta denominada Gastropop , de seguro que outro que vai unirse a ista cruzada é Mahmud Ahmadinejad, o presidente de Irán,
inaugurou o seu propio blog esta semana, abríndoo cunha nota autobiográfica, estando a recibir moita atención internacional que chegou a saturar a web durante os pasados días. Visto o visto e cun Fidel Castro tomando iogures de leite de burra no hospital co camarada Chavez só nos queda dende ista pequeno trampolín mediático amosar a toda a minúscula comunidade de mandrís adoecidos a nova arma coa que imos combater o imperialismo estético, música e humor son os ingredentes que o impresionate grupo OK GO utilizan para satirizar no seu novo video-clip cunha excepcional coreografía os tan manidos aparellos de cintas para correr na casa e ás agachadas producir un distes noxentos corpos danone.