Mittwoch, August 23, 2006

zimmer103 sempre gostou dos fuxitivos e non podiamos facer unha excepción con iste queer dos números e das ecuacións , un outsider da comunidade matemática que non quere saber nada dise circo no que a ciencia deixa de ser tal e se converte nun noxento escaparate de personalidades que se lamben o cu uns a outros.
Dende zimmer103 pensamos que o que o noso amigo Grigori necesita é unha volta de folla á súa existencia marcada por logaritmos imposibles e xa temos cursado unha invitación co seu nome para que participe na espectacular carreira de burros do Saviñao montando a un exclusivo pollino fariñeiro da corte zimmer103, de seguro que o público de Escairón que tentou dilapidar fai uns anos á grande musa da electrónica estatal Tamara recibirá cos brazos abertos a iste grande heroe da matemática contemporánea, de tódolos xeitos alguén comentou que Grigori podería estar tranquilo que se ista medalla non a quería de seguro que lle dan outra por guapo, en fin , que os que saiban dividir con decimais que tiren a primeira pedra!!