Dienstag, August 29, 2006

O GRAN GNARLS BARKLEY

Gnarls Barkley golpexa con golpes de retro-electrónica soul os cimentos da industria discográfica tradicional , dous ilumindos da música contemporánea que conseguiron chegar ó nº1 das listas sen teren ningún tipo de soporte físico só avalados polas mal chamadas descargas legais de internet, nen sequera ó Nota lle podería saír mellor unha tirada , e sobre istes dous transformistas imposbles e sobre a as emisoras de radio na internet (scanner-fm) foi sobre o que versou o comentario de Miqui Puig na súa excelente colaboración no progama ticket de la sexta , o ex sencillo que prepara o seu debut en solitario fóra dos pratos que vai chamar Miope acompañado polo gran conjunto eléctrico , dá un toque de calidade e de compromiso contemporáneo a ista súa colaboración en t.v da que deberían de copiar os nosos comentaristas de cultura xa que vemos demasiado fortes os comentarios de Antón Lopo no miraxes falando de monicreques e ensinando as pernas en pleno horario infantil. Xa chegaron cometarios a ista non redacción denominando a zimmer103 coma os Gnarls Barkley galegos, de momento o mellor que podemos facer é pedir outro caucasiano para clarexar a nosa visión sobre o sórdido panorama da música galega actual...... bonito foi, é e será!!