Freitag, August 25, 2006
A GRAN ESPERANZA DO PLANETA ANANO!!
Nistes días de tensa calma pola exclusión de Plutón do sistema solar , o grande planeta anano que acolleu cos brazos abertos a zimmer103 para que iniciara carreira nos seus ardentes furanchos repletos de viño, phume e furia extraterrestre é hoxe victima da exclusión planetaria por parte duns miserábeis que se agachan baixo o nome de unión astronómica internacional, para zimmer103 iste é un ataque frontal do imperialismo terráqueo hacia os denominados planetas ananos. Anousheh Ansari é a irano-americana que se vai converter na primeira cosmo-turirsta da historia e a única esperanza posible para un planeta e unha causa , a anana. Ansari afirma estar desconsolada e pode que intente secuestrar a nave para dirixirse a Plutón e unirse a así á resistencia anana da que tanto gosta. Se a Diana de V comía nos ratos Ansari as malas linguas din que debece polos ananos. Dende ista non redacción sabemos que a resitencia do planeta anano adoptou coma himno o tema A MIN NON T B´S creado por zimmer103 durante a súa espectacular xira polos ardentes clubes de Plutón . Aviso a todos os grandes do universo.... a nós non vos vides!! ,