Donnerstag, August 31, 2006
NON QUEDAREMOS CHAMUSCADOS!!
O arquitecto de orixe iraquí Raed Jarrar foi obrigado a mercar unha camiseta diferente da que portaba para coller un avión da compañía JetBlue no aeropuerto John Fizdgerald Kennedy de Nova York, porque o lema escrito nela en árabe e inglés “non quedaremos en silencio” resultaba "ofensivo" para o persoal do aeroporto e da liña aerea. Non quedaremos en silencio é un lema utilizado polos opositores á invasión do irak nos estados unidos que temén o utilizan coma lema noutras agresións a distintos territorios dos planetas.A masificación de fabricantes de camisolas na Galiza con temática nacional comeza a ser certamente reiterativa e incluso pedante para moitos dos que formamos ista non redacción, sacando a do burro fariñeiro a verdade é que iste verán non se viron cousas que mereceran realmente a pena, ogallá o exemplo da oposición americana fora captado polos creadores galegos e máis aló da coña saiban captar a furia da oposición extraparlamentar que non comunga coas rodas de muiño dun goberno en chamas e unha miserable oposición española armada con mangueiras de xardín. Nós coma o irmán Raed tampouco quedaremos en silencio!!