
Nun tempo no que as grandes estrelas do rock se negan a morrer , as folclóricas españolas semellan seren as que están recibindo a visita do home da gadaña. Kurt Cobain foi o último que se deixou seducir pola maldición dos 27 , ó igual ca Jimi Hendrix ou Jim Morrison á idade de 27 decidiron por fin a unha existencia marcada pola creatividade e os excesos, unha ecuación que moitas veces vai parella e que marcou tamén o destino dalgún dos mellores creadores da Galiza ,dende Antonio Blanco ate Lois Pereiro e pasando por Andrés do Barro ou Pucho Boedo os excesos de vida deixaron sempre pegada nas súas creacións case sempre adiantadas ó seu tempo. Ista madrugada ás 5:15 da maña Rocío Jurado deixou de respirar no seu chalet da Moraleja, se fai uns anos Lola Flores e fai uns meses Rocío Durcal deixaban de luto a toda isa españa de procesións de coplas e de touradas , hoxe de novo soou o pistoletazo de saída para unha semana na que as coroas se van colar nos nosos salóns sen que poidamos facer nada por evitalo. Incluso na nosa televisión nacional se dá a nova como se dunha folclórica patria se tratara, cando lle toque a algunha das nosas , porque xa se sabe que morrer hai que ir morrendo poderemos consentilo pero mentras, que os españois aguanten os ramos da chipioneira!!