Mittwoch, Mai 31, 2006

GZ SPOKEN WORD, XA!!

Sevilla ten unha cor especial , según din algúns , nista non redacción nen afirmamos nen negamos, o único que podemos constatar é que Sevilla ten un festival especial. Do 3 ó 5 do mes de marzal a cidade Andaluza acolleu a terceira edición dun evento espectacular e que na Galiza non ten referente algún , aínda que o festival de poesía do Condado que se celebra en Salvaterra nos meses de verán e que xa conta con mais de 20 anos de historia é o referente máis cercano , a imaxe que acompaña iste artigo corresponde ó recitado do grupo Rompente na segunda edición do festival celebrado no ano 82. O festival da palabra e da música ó igual que o Yuxtaposiciones recentemente celebrado en Madrid na casa encantada poñen no punto de mira o compromiso coa palabra e cos diferente xeitos de difusión da mesma, dende a poesía fonética e electrónica do ruso-alemán VALERI SCHERSTJANOI pasando pola poética destructiva do peruano Perú Saizpez ou o spoken word do excantante dos Dead kennedys Jello Biaffra que estivo na última edición do festival Sevillano nunha soberbia actuación vestido de cura e incitando a queimar a bandeira americana e a loitar contra o colonialismo americano, unha actuación correcta segundo as crónicas xa que a necesidade de traductor limitou un tanto a expontaniedade do que fora candidato ás presidenciais americanas. Nunha recente entrevista iste mito do punk mundial afirmou que donde peor o pasara durante a súa xira mundial de recitais fora nun bar de Nova Zelanda repleto de borrachos e dexenerados. Pero o de L.A non foi a sensación do festival nen moito menos, dende Liverpool un expléndido Julian Cope arrasou literalme cun auditorio que atónito escoitaba os vertixinosos golpes no seu baixo e os berros dun home que representa a día de hoxe a esencia da sonoride do combate en estado puro, quén me botou droga no LSD e florituras verbais para eludir a tradudcción do poeta galego Roberto Magdaleno foron algúns dos estalos cos que o poeta , historiador e músico atacou ó atónico público Sevillano. Tripis , coca e cabalo no colacao do poetas galegos e galegas!!