
Zimmer103 volta ó campo de batalla dixital e faino como non podía ser menos acompañado dun exquisito prato para comezar a nova etapa con enerxía e furia necesaria. Fartos xa das consecutivas campañas de melloras xenéticas no agro galego decidimos nista non redacción excluir da nosa parva os antes habituáis bistés de xato para acompañar a pinga de auga ardente e pasarnos directamente ás costilletas de caimán , para o paladar dos non iniciados o cocodrilo pode calificarse coma o eslabón intermedio entre o pito e o peixe, ideal polo tanto para calquer galego ou galega que queira iniciar o día con enerxía. Só podemos dende ista non redacción animar a toda a nosa minúscula pero selecta audiencia a que se tiren de cabeza á lagoa dos caimáns e se o fan cunha taboa de surf que suban o volumen do receptor porque a magnífico grupo madrileño Los Coronas dende o zulo sonoro do Clübe103 agasállannos cunha impresionate peza do seu novo traballo titulado Surfin Tenochtitlan.