
Nista semana de homenaxes ós 20 anos de publicación do fai un sol de carallo dos Resentidos e vendo na regueifa que no seu imprescindíbel retrovisor sonoro recuperou o excepcional single tamén coñecido nos pequenos círculos galego-bolivarianos coma o da portada do vello baballado, pois ben non sei por qué estrana razón veu á mente de varios dos mandrís que formamos ista non redacción o mítico blues de cando non había tren , entendo, semella que os mandrís se esteñan poñendo Bogard , sexa como sexa Reixa ataca de novo dirixindo o programa SOMOS UNHA POTENCIA, con Carlos a tuti txurrasko Blanco exercendo de mestre de cerimonias e un explosivo Emilio López (Safari Orquestra) pondo a cada convidado no seu lugar cunha sorprendente mistura de beats e verbas que vai deixar a máis de un pegado contra a parede do seu salón. Blues e area é a combinación que o ex Bad Seeds de Nick Cave, Hugo RACE nos achega en cada unha das súas asfixiantes pezas, non hai mellor cousa que tomar un bo vaso de area do deserto australiano para calmar o perigoso psicokiller que cada luns , todos levamos dentro.