
Nun día coma hoxe, as compañías de viaxe terían que facer descontos para visitar o inferno, a compañía inglesa Natural Death Centre puxo en marcha o xa coñecido coma enterro ecolóxico , o turista é introducido nun féretro biodegradábel e depositado nun furado no medio do monte polo que os custes con respecto a un enterro tradicional se abaratan enormemente e a familia ve a perda do ser querido coma un eslabón máis do proceso evolutivo, é dicer que conmove pensar que coma o esterco das ovellas nos tamén poderemos abonar os limoeiros cos que mañá os nosos netos condimentarán os seus exquisitos cubatas. Vian reservando tickets porque en pleno agosto ate nas praias do inferno , non hai dios que atope un sitio para por a toalla!!