Montag, April 17, 2006

UNIVERSO PODCAST!!


O podcast dos podcast latinoamericanos puxo o seu punto de mira no podcast realizado nos estudos Grozni e emitido na frecuencia de zimmer103 , OUVEOS NA NOITE , presentado coma.... "un humilde pero contundente podcast gallego que mezcla aullidos y música contemporanea poco convencional" é un dos protagonistas do nº8 de Pin Podcast, despois da xenial incursión en Toda China e no Japoncast da man do kamikaze das ondas Faluki, OUVEOS NA NOITE sitúase dentro da órbita dos grandes ó carón do xa histórico e centenario podcast feito nos Estados Unidos “Todos Vuelven” ou do sempre sorprendente “Chifa Carioca” podcast producido no Brasil que destila as mellores vibracións que case fan saltar polo ar o noso poderoso transistor do século 21. Cambia de frecuencia e sintoniza co explosivo universo podcast!!