Donnerstag, April 20, 2006

MONÓTONO FUNGAR!!

Dende a pista de baile do Pereiro instalada na cantina de Candido , acordeonista dos revolucionarios Alkarpa e dj residente diste templo de música salvaxe no que aínda colga o aviso de “no se cede la pareja” , transladómonos ate a tenda da esquina dun barrio calquera da cidade de Londres. Clübe103 conecta de xeito intenso a capital inglesa coa aldea do concello de Alfoz para ofrecer en rigurosa exclusiva un pequeño estalo do que será parte do novo traballo de cornershop. A banda anglo-hindu que facturou fai uns anos o impresionante “Brimful of Asha” e despois de ser pasado pola batideira de Fat Boy Slim converteuse nun auténtico himno pop co que amosaron ó mundo enteiro o poderío e a maxia da mixtura anglo-asiática. Zimmer103 quere por no noso punto de mira ás comunidades foráneas instaladas na Galiza para reflexionar sobre a posible influencia das segundas xeracións de rapaces e rapazas marroquís , chinos , ecuatorianos , peruanos , indonesios ...... na música contemporana do noso país. Será posible unha asian dub fundation galega que revitalice o noso monótono fungar? De momento agardamos ansiosos o de seguro exquisito kebab que no forno de aregueifa plataforma se coce nistes intres. Que aproveite irmáns!!