Montag, April 24, 2006

1906

Tempo de reaxuste climático no que incluso a terra se resinte e trema pola parte da Coruña, 5 grados na escala richter son dabondos pero non suficientes para voltar a facer tremer a terrra coma aquela noite do 1997. Semella que iste ruxir terráqueo tamén afectou ás grellas televisivas , no café do sábado os mandrís puidemos ver un miraxes comprimido que dun xeito supomos casual semellou aquel mítico “rápido” da segunda, seguidamente e co fume do fly de ovo entre os ollos poidemos ver a nova aposta da canle nacional , luba-tv. Así as cousas e entre triplas , duólogos e música sen chispas enteirámonos casualmente os membros dista non redacción que a tvg prepara un reality titulado A casa de 1906, unha especie de gran irmán no que a casa Guadalix de la Sierra vai ser transformada nunha casa galega do 1906 e con todas as comidades da época coma un Galiza Noticias pero en grande , sen luz, auga potable , t.v e demáis historias , unha idea importada do reino unido , igual que case todo, coma a serie que tele5 estreou iste domingo á noite no canto de 7 vidas, inspirada na office da BBC que no estado emitía People&Arts , “Tirando a dar” sorprendeu que xa é moito nun universo plagado de lixo no auténtico vertedeiro no que se está a converter cada salón de cada casa do 2006 cando un preme o botón de arranque do receptor de imaxes.