
El Bulli, rexentado polo cociñeiro catalán Ferrán Adriá e considerado coma un dos máximos representantes da cociña molecular e experimental, foi elexido en Londres coma o mellor restaurante do mundo. Sobre cuarenta pratos nunha enchenta normal pode chegar a papar un comensal que polo módico prezo de 200 euros atope mesa no exclusivo restaurante da localidade xerundense de Rosas durante os 6 meses do ano que está aberto. Pese a que en zimmer103 declarámonos ferventes defensores da comida molecular , non podemos quedarnos cos brazos cruzados ante iste case que desprezo ós bares e tascas que alimentaron e alimentan ós mandrís galegos e de todo o universo. Bar O Muchacho en Moeche ou o Bar de Frutos en Celeiro de Mariñaos levan ofrecendo tapas de anchoas con xamón á altura de máis exquisita cociña experimental, e os torrezmos do Bar de Dositeo no Salto do Can en Bretoña no que o chef Dosi fai tamén labores de camareiro levando os pratos co seu muñón exercendo ate de malabarista imposible, que dicer dos costilletas con ovos da casa preparadas na impresionate cociña do bar Canguro no barrio compostelán de Pontepedriña , donde ó carón do water está a mesa reservada para os visitantes máis selectos, dende zimmer103 queremos facer unha sentida homaxe a todas as tascas , bares e demáis institución que souberon resistir o empuxe da cociña molecular.