
Queremos contribuir a ista loita contra un menú e uns sabores establecidos coma Alaska no mítico " con las manos en la masa" por ista razón , se sabedes dalgún bar ou tasca mandadea urxentemente a ista non redacción para poder pola a disposición de todos os mandrís adoecidos e tratar de elaborar entre todos a tan necesaria contra- guía campsa, un manual escrito en servilletas de bar para poder situarnos fóra da órbita do capitalismo molecular. A mellor B.S.O posible para calquera tasca do mundo tócanola Cándido , o acordeonista dos desaparecidos Alkarpa rexenta unha impresionate taberna no Pereiro (Alfoz) e preparou en exclusiva para clübe103 unha exquisita melodía imposible para empapar como o clarete das Adega Nicanor de Ribadeo tan ben servido por Paquiño empapa o noso espírito máis rebelde . Qué aproveite camaradas, preme no título e acóbate na barra coa taza nos beizos sintindo a brisa da primavera do Pereiro!!