Dienstag, April 04, 2006
ELECTRÓNICA DE BONSÁI!!
Chegou o intre tan agardado , dende os estudios Grozni cociñouse unha auténtica bomba de reloxería , "doente" é unha remixtura feita a brosa do tema “birimbau doente” , auténtica tecnoloxía do terceiro mundo que conecta cos irmáns da República Popular do Congo que baixo o nome de Congotronics revolucionaron o panoramam mundial da electrónica contemporánea. Os SAkOs DE PHUME continúan infectando o ar de sons tóxicos e irrespirables, aspira fondo diste PHUME ácido que presentado en exclusiva en e-music produciu un auténtico terremoto de sensacións entre os atónitos ouvintes da cuac-fm , incluso Sak , o xa coñecido conductor e director do programa mandounos unha foto do seu bonsái para ilustrar a portada diste single imposible. Contra os eucaliptos sonoros electrónica de bonsái!!