Freitag, März 03, 2006

NIPPOP NO TRANSISTOR

No 2005 91 xaponeses puxeron fin á súa vida por medio dos suicidos colecticos, unha moda que semella continúa colleitando adeptos niste ano que acaba de iniciarse, a policía de Ibaki , ó norte da cidade de Tokio atopou tres cadáveres pertencentes a dous homes e a unha muller que se suicidadron inalando monóxido de carbono dunha estufa instalada nunha furgoneta coas portas pechadas. Segundo os mandrís desprazados á cidade nipona os primeiros indicios apuntan a que os falecidos acordaron a súa acción mediante un pacto de morte por medio de internet. Non temos constancia nista non redacción de que casos similares pasaran con cidadáns galegos , mais do que si somos conscientes é que o poder nipón está a invadir a rede e os nosos ouvidos por medio dun sensacional podcast que se emite dende a cidade de Segovia e que pincha unicamente música xapones. O xaponés Carmiña dos Resentidos ou o grupo Xapón 64 de Compostela, xerme dos agora The Homens, son as referencias máis cercanas musicalmente falando da mistura galego-nipona que agora mesmo recordemos. Cochiño bañado en sake e caldo galego con soxa vermella son os exquisitos pratos que complementan a nosa dieta imposíbel de sushi e sukiyake que en pequenas pero exquisitas doses que japoncast nos serve periódicamente nunhos intensos cuncos de madeira que nós comenos cos nosos extensos pauciños dixitais. Que resoe o nippop nos nosos transistores do século 21!!