Dienstag, März 07, 2006
CORDÓNS UMBILICAIS
A creación dos bancos de sangue de cordón umbilical levaron a unha clínica de Arizona o cordón real co que a futura raiña de españa tiña pensado afogarnos dentro duns anos, agardamos que para entón o estado español sexa únicamente un mal recordo na mente de todos e todas os que o sofrimos . Dende a sala Tokio de Biarritz cando a actal princesa Leonor era un espermatozoide bailando nos collóns dun principe putero , un grupo de rock con sede en Lourenzá arrincaba andaina coa forza dun xabarín ferido. En exclusiva mundial e para o reducido e selecto clube de zimmer103 presentamos un tema inédito e gravado ó vivo do mítico combo de rock-electrónico SKORNABOIS, cortáronme o pixo ó nacer é unha durísima historia de desarraigo e confusión donde unha neglixencia médica producida polo cordón umbilical condiciona a posterior existencia do traumatizado protagonista da canción. A conexión Seattle – Lourenzá funcionou nunha noite no que os de Lourenzá presentaban credenciais afiando os cuitelos cos que máis tarde matarían vermes homicidas.