Mittwoch, Dezember 07, 2005

-Supomos que un dos teus postres preferidos é o brazo de xitano, en zimmer103, para por xa a guinda final a ista espectacular edición do 4º SKURO gostaríanos que partiras ise pastel en cinco pedazos e llos entregaras a outras cinco propostas do ámbito que sexa que ti consideres merecedoras dise doce agasallo.

-A ver logo, difícil compromiso. Optarei por xentes relacionadas cos meus intereses actuais, se cadra, aínda que non son proxetos concretos. Un anaco debe ir para todo o lado da sombra que conforma a conexión Lourenzá-Ribadeo, transmutada en colectivos musicais, pubs, grupos de música, a Liga Nacional da Billarda, a circulación de músicas, libros, gustos culturais, copas e noites, filias e fobias, e na que por suposto se inclúe Zimmer 103. Outro para os constructores de pontes, para aqueles que saben que despois da agresión ten que haber vida nova e procura a concordia. Isto sérveme para aplicalo ao caso do galego de Asturias, con persoas coma Xuan Bello, por exemplo, de quen recomendo a leitura de calquera dos seus libros, pero en especial da Historia Universal de Paniceiros, fermosísimo. Pero valería para outras moitas situacións. Un terceiro anaco para os movementos nacionalistas do Estado e para o internacionalismo. É preciso afondar hoxe, no Estado, na construcción da nación dos galegos como maneira de aprofundar nunha sociedade democrática, solidaria, diferente, descolonizada, de seu. E por riba das cuestións anedóticas, a miña solidariedade con movementos coma o bolivariano en Venezuela, do que participan galegos coma Farruco Sesto en postos de relevancia, e que está poñendo moi nervosos aos poderes do capital da zona e do mundo, polo exemplo que dá. E tamén a solidariedade para Palestina, a Frente Polisaria, ... O cuarto anaco, para a música galega, que empeza a soar nos medios grazas ao fin do réxime do PP na Galiza. Moita creatividade emerxerá nos vindeiros anos á superficie, de debaixo da capa grosa de chapapote que nos tiña afogados: Safari Orquestra, Fanny & Alexander, Loretta Martin, Dios Ke Te Crew, ... están a piques de ser recoñecidos, e iso é un premio a todos os que estiveron nos momentos máis duros e desde hai anos traballando na sombra. E outro, para a Rede e as súas posibilidades. Afirmo a necesidade de poñela a favor noso, para darnos a coñecer: aí van cinco propostas finais, e moitas grazas á Zimmer103 por esta oportunidade de habitar o 4ºSKURO, intensidade e emoción na marxe, invadindo a vida. http://www.culturagalega.org/extra_galeria.php?titulo=O%20lado%20da%20sombra&id=1370&id_nova=6454 www.falcatruada.com http://www.arredemo.info/ http://www.rebelion.org/ www.mediatecaonline.net/autobahn/

- Moitas grazas a ti Xavi por deixarte invadir pola skuridade e xa sabes que en zimmer103 tes a túa casa . zimmer103 contra unha B.S.O establecida!!